"Cargando..."

Benvid@ á XXIII Xuntanza de Bandas de Música de Ordes

Dámoslle a benvida a esta nova edición da Xuntanza de Bandas de Música que organiza a Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes en colaboración co Concello de Ordes.
Con ilusión, con responsabilidade e con ánsias de promover a cultura musical e de espallar alá por onde imos a nosa música, a música das bandas populares, retomamos os concertos nesta nova etapa que nos toca vivir.
Agardamos e desexamos que estas pezas musicais que hoxe interpretaremos xunto cos nosos compañeiros e compañeiras da Banda de Música Santádega de Coles lle aleden o corazón por uns intres.
Grazas por acompañarnos.

MEDIDAS COVID-19

O AFORO ESTARÁ LIMITADO E DEBERANSE CUMPRIR EN TODO MOMENTO AS SEGUINTES NORMAS

USO OBRIGATORIO DE MÁSCARA

APLICAR HIDROXEL

Utilice os dispensadores de hidroxel que hai a súa disposición

DISTANCIA DE SEGURIDADE

Manteña sempre a distancia de seguridade de 1,5 metros entre persoas

Programa

Banda Sántadega de Coles

Dirixe: Roberto Iglesias Rey

1 Icía Rial
Pasodobre de Sergio Rodríguez

2 Paisaxes Galegas
Obra sinfónica de Frank J. Cogollos

3 Ross Roy
Obra Sinfónica de Jacob de Haan

4 Muiñeira dos Pendellos
Muiñeira de Juan Lois Diéguez

5 Abba Gold
Arranxo de temas de Ron Sebregts

6 Santana
Arranxo de Giancarlo Gazzani

7 Mambo Nº5
Arranxo de Peter Kleine



Banda de Música de Ordes

Dirixe: Quique Lagares

1 Música y Vinos
Pasodoble de Manuel Morales Martínez

2 Barberillo de Lavapiés
Zarzuela de Francisco A. Barbieri

3 Pilatus, Mountain of Dragons
Obra sinfónica de Steven Reineke

4 Latin Favourites
Selección de Peter Kleine

5 As Penelas
Muiñeira de Felisindo Pérez Seara

Banda de Música Santádega de Coles

A

“BANDA DE MÚSICA SANTÁDEGA” do Concello de Coles, nace en Marzo de 2008 por iniciativa de D. Luis Humberto Cao, pianista natural de Vilarchao (Coles – Ourense). O seu nome ten orixe no Castro de Santádega (Cuadernos de Estudios Gallegos LIII). Esta idea foi acollida con entusiasmo por considerala de grande interese socio-cultural para a recuperación da memoria musical da zona, na que as bandas de música tivieron un importante protagonismo, xa que chegamos a contar con ata oito bandas na contorna.
Na actualidade contamos con aproximadamente 50 músicos, de entre 8 e 70 anos, a gran maioría do Concello de Coles e dos concellos da contorna, como Amoeiro, Vilamarín, A Peroxa, Ourense, Barbadás e incluso de Chantada e Ponferrada. Está dirixida polo mestre, D. Roberto Iglesias Rey, ourensán, titulado superior de música na especialidade de trompeta. Con grande experiencia como profesor e director en distintas bandas e corais. Así mesmo, é o director da Escola de Música e da Banda Infantil do Concello de Coles.
A banda finánciase coas actuacións que realiza, moitas delas contratadas polas comisións de festas e polos propios concellos, tanto de Coles como dos arredores. Destacar que a “Banda de Música Santádega de Coles”, na súa sección infantil, acadou o primeiro posto no “XIII Certamen Gallego de Bandas de Música”, en novembro de 2019.

Roberto Iglesias Rey
Director

Natural de Ourense, comeza os seus estudos musicais con 6 anos da man do director e compositor Alejandro del Río, continuándoos a partir de 1991 no Conservatorio Profesional da súa cidade natal. En 2004 ingresa no Conservatorio Superior de Música de A Coruña no cal, en 2009, acada a Licenciatura en música na especialidade de trompeta. Durante os anos de estudos asiste a variedade de cursos e masterclasses con músicos de renome como Enrique Rioja Lis, Benjamín Moreno, Maurice André, Javier Simó, John Aigi, Mireia Farrés, Spanis Brass Luur Metalls etc. Destaca na súa faceta como intérprete a Mención de Honra acadada no concurso Acordes Caja Madrid en 2007 e colaboracións coa Orquestra do Teatro Lírico de Barcelona, Banda de Música Municipal de A Coruña e coa Banda de Música Ciudad de Ponferrada.
No campo docente, dende 2004 foi profesor en varias escolas de música da provincia de Ourense e Lugo. En 2011 funda a Escola de Música Kontrapunto na cidade de Ourense, sendo dende entón director e profesor da mesma. Ademais, dende 2015 desempeña a dirección da Escola de Música de Coles (Ourense), á cal lle da un grande impulso.
Como director, formase principalmente na Escola Galega de Dirección de Banda dende 2018 e no Centro Superior de Música de Galicia (Valga) dende 2020 cos mestres: Cristóbal Soler, Pere Molina, Javier Viceiro, David Fiuza e recibindo clases ocasionalmente de Jan Cober, Douglas Bostock, Andrea Loss, Bart Picqueur, Frank de Vuyst, Juan Lois... Conta cunha ampla experiencia en dirección coral; dende 2015 dirixe a Banda de Música Santádega de Coles e dende 2022 a Banda Artística de Arcade.

Banda de Música de Ordes

C

omeza en 1989 un proxecto moi ambicioso, recuperar a Banda de Música de Ordes, banda que existira entre os anos 1931 e 1935. Pouco a pouco, coa axuda dun empresario da Vila de Ordes e tras longos esforzos, nace en 1989 a Escola de Música de Ordes, onde se forman os primeiros músicos, que en 1991 darán o seu primeiro concerto dirixidos polo gran músico e mestre D. Maximino Boga Ramallo. Comeza así a andadura da Banda de Música de Ordes, pois dous anos máis tarde, en 1993, empezan a percorrer as vilas galegas dirixidos por D. José M. Freire Candal. A partires do ano 1995 a Banda empeza a incorporar mais membros procedentes da propia Escola de Música, ao igual que o director, D. Xaquín M. Gonzalez Costoya (trompeta da banda) que no ano 1996 toma o relevo do director anterior. No ano 2006 pasa a dirixir a banda Fernando Gontad Losada, saxo solista da Banda Municipal de Santiago de Compostela e profesor e director da escola de música de Ordes, cargo que deixa no ano 2015 nas máns de Manuel Otero Paino, músico trompeta, compositor e mestre de dirección. En novembro de 2018 o director musical pasa a ser Oscar Prieto Sanmartín, licenciado na especialidade de tuba e mestre-director da Escola de música de Ordes. Na actualidade, dende marzo de 2020, o director da Banda é Quique Lagares, saxofonista e mestre de dirección.
A Banda de Ordes realiza durante estes anos actuacións na propia vila e nos diferentes concellos de Galicia, actuacións na TVG en programas como “Luar” ou “Galicia para el mundo”, intercambios culturais con diferentes agrupacións, e participacións en xuntanzas e certames de Bandas por toda a xeografía galega, por exemplo no ano 2022 viaxan ao 2º Encontro Internacional de Bandas Filarmónicas de Sao Tiago de Lobao (Portugal).
No ano 2004, a Banda de Música de Ordes graba o seu primeiro CD, tendo gran acollida e recibindo boas críticas por parte do público. No mes de Decembro de 2010, graban o segundo CD, "Maximino". E no ano 2016, como parte dos actos de conmemoración do seu 25 aniversario graban o terceiro e último traballo discográfico “XXV Anos”.

Enrique Lagares Rivas
Director

Comeza os seus estudos musicais aos seis anos no Conservatorio de Música de Culleredo, na especialidade de Saxofón. Con 17 anos aproba o acceso ao Conservatorio Superior de Música da Coruña.
Realiza cursos de perfeccionamento e masterclass con diferentes saxofonistas destacando a Pablo Coello, Felipe Antonio Belíjar, Mariano García ou Marcos Mariño.
No ámbito da dirección de bandas, fórmase cos profesores David Fiuza e Frank de Vuyst, e realiza cursos de dirección cos maestros: James Barnes, Jan Cober, J.R. Vilaplana, Alex Schillings, Andrea Loss, Rafael Agulló, Bart Picqueur, Douglas Bostock, Evan Feldman, Isabel Mª Rubio y Luis Carvalho.
Dirixiu a S.M. de Moncada, a Banda de Música de Ortigueira, Banda de música del Liceo La Paz da Coruña e a Unión Musicale de Les Landes.

No 2014 constitue a Escola de Música de Oza-Cesuras na Coruña e ingresa no cadro de mestres do CAMP Liceo La Paz. E o ano seguinte, con 21 anos, funda a Banda de Müsica de Oza-Cesuras, realizando ás funcións de director artístico e musical. Tamén é director musical da Banda Sinfónica de Galicia realizando xiras por toda a xeografía galega.
Actualmente, cursa o grao superior de saxofón co maestro Adrián Pais, dirección de banda na Escola Galega de Dirección, baixo a dirección de Javier Viceiro e Antonio Cantal Mariño e estudios superiores de Dirección no ISEB (Instituto Superior Europeo Bandístico) en Italia, cos profesores Alex Schillings y Giuliano Moser.

Dende setembro do 2018, ocupa o posto de Director Musical da Banda de Música de Ortigueira (A Coruña) e dende marzo do 2020 é o novo Director da Banda de Música de Ordes.