imprimir volver

Banda de Música de Ordes.

Empeza en 1989 un proxecto moi ambicioso, recuperar a Banda de Música de Ordes. Pouco a pouco, e tras longos esforzos , en 1991 a Banda Amigos da Música de Ordes da o seu primeiro concerto cun total de 18 músicos, dirixidos por D. Maximino Boga Ramallo. Neste primeiro concerto os músicos interpretan "Balada Gallega" , "Himno Europeo" e "Himno Galego", para familiares e amigos da Asociación.
É en 1993 cando a Banda de Música comeza a súa andadura pola xeografía galega, dando o seu primeiro concierto en Ordes, e seguindo por lugares como Arteixo, Narón, Cee, Pobra do Caramiñal, Betanzos, A Capela, Monasterio de Monfero, Negreira, Oroso ... e outros moitos mais lugares. Neste ano e nos vindeiros a Banda de Música era dirixida por D. José M. Freire Candal interpretando obras, pasodobres, muiñeiras ... para amenizar as berbenas e feiras.
A partires do ano 1995 a Banda empeza a incorporar mais membros procedentes da propia Escola de Música, ao igual que o director, D. Xaquín M. Gonzalez Costoya (trompeta da banda) que no ano 1996 toma o relevo do director anterior. No ano 2006 pasa a dirixir a banda Fernando Gontad Losada, antigo músico da Banda Unión de Lantaño, saxo solista da Banda Municipal de Santiago de Compostela e profesor da escola de música de Ordes, cargo que deixa no ano 2015.
Nese mesmo ano, Manuel Otero Paino, músico trompeta da Bandeira, e tamén director da escola de música de Ordes, faise cargo da dirección da Banda ata o ano 2018 no que deixa o cargo en substitución de Oscar Prieto Sanmartín.

Ao longo de todos estos anos, a Banda de Música, ven realizando aoredor de 35 actuacións anuais, recorrendo os distintos concellos de toda Galicia, de esas 35 actuacións 10 son realizadas no propio Concello de Ordes, en base a un acordo entre a Asociación e o Concello. Ademais das actuacións, realiza intercambios culturais, como ó o caso de "Lembranzas do Tambre" de Sigüeiro, da Coral Polifónica "Santa Eulalia" de Senra, Banda de Música de Hoya Gonzalo (Albacete), ... e participacións en Certámenes de Banda como "II Certamen de Bandas de Barro", "Arzua", ou o 1 certamen de Bandas de TVE.

No ano 2004, a Banda de Música de Ordes graba o seu primeiro CD, tendo gran acollida e recibindo boas críticas por parte do público. No mes de Decembro de 2010, a Banda graba o seu segundo CD, "Maximino".

Nestos momentos a Banda de Música de Ordes conta nas suas ringleiras con algo máis de 40 músicos de idades comprendidas entre os 10 e os 80 anos. Pincha aqui para ver aos músicos.

Os ensaios da Banda realizanse nas instalacións da Escola de Música de Ordes, situada nestos momentos no Centro Cívico de Ordes. O horario de ensaio é de 20:30 a 22:30 horas os Martes e os Venres.

O repertorio da Banda é variado ... pasodobres, muiñeiras, xotas, obras, ... forman parte da sua configuración. Podes escoitar algunhas destas cancións clicando no 3º icono da esquina superior dereita da páxina; onde hai colgados fragmentos das cancións grabadas no noso 1º CD.