imprimir volver

Faite socio/a.

A Asociación Cultural “Amigos da Música” é unha asociación sen ánimo de lucro que ten entre os seus fins a promoción de actividades culturais (especialmente daquelas que están relacionadas coa música e a ensinanza da música) e principalmente, o mantemento e promoción da Banda de Música.
Por eso queremos contar contigo e pedirche a túa colaboración facendote socio/a.

Coa túa axuda, poderemos seguir medrando como banda, adquirindo novos instrumentos e material para a Asociación, axudando a manter os gastos da Banda (vestuario, dirección, material de oficina, etc).
carne socio

Quen pode ser socio/a?

Calquera persoa pode ser socio/a da A.C. Amigos da Música.
Se eres menor de idade, deberás traer unha autorización do titor/a legal.
Se é unha empresa ou entidade deberá figurar unha persoa maior de idade como titular.


Que dereitos ten ser socio/a?

Como socio/a terás os dereitos que se establecen nos estatutos da Asociación (participación con voz e voto nas asambleas, información das contas, información e asistencia ós actos e reunións da asociación, etc)
Estarás informado/a mediante correspondencia, email ou sms de todos os eventos nos que participe a Banda de Música de Ordes.
Estarás convidado/a de forma gratuita ao xantar que celebramos todos os anos no día de Santa Cecilia.


Como me poido facer socio/a?

Tan so deberás cumprimentar un formulario cos teus datos persoais e indicar a forma de pago que prefires para aboar a cuota anual de socio/a.
Asinao e entrégallo a calquera membro da directiva da asociación ou da banda de música. Se o prefires, tamén o podes enviar por correo postal ou por email a info@bandadeordes.com.
En dúas ou tres semanas recibirás o teu carné co número de socio/a.