imprimir volver

Novas.


(28-12-2013)  Concerto de Nadal 2013

Concerto Nadal 2013 Como cada ano a Asociación Cultural Amgios da Música organiza o Concerto de Nadal en colaboración co Concello de Ordes. Este ano contaremos como novidade cun grupo de alumnos da escola de música que interpretaran varias pezas de nadal, a continuación os Reiceiros da Pontecarreira interpretaran varias pezas tradicionais de Reices e para rematar a Banda de Música de Ordes interpretará o concerto de Nadal. A entrada e libre e de valde.








(23-11-2013)  Santa Cecilia 2013

Santa Cecilia 2013 O vindeiro día 23 de novembro, a asociación cultural “Amigos da Música” de Ordes realizará un acto homenaxe en agradecemento a todas as persoas que formaron parte da Banda de Música de Ordes.
O acto homenaxe, aberto ao público, terá lugar ás 12:30 horas na Casa da Cultura de Ordes, inclúe un concerto na honra a Santa Cecilia e a entrega dun agasallo conmemorativo a todas e todos os que formaron parte da banda de música. Posteriormente, ás 14:30 horas no Campo da Feira, celebraremos un xantar de confraternidade. A partir das 18:00 horas ofreceremos un novo concerto cos ex-compoñentes e tamén teremos actuacións das diferentes agrupacións que nos acompañarán.

NOTA: Para asistir o xantar de confraternidade e preciso retirar a entrada antes do 15 de novembro, para o cal debe poñerse en contacto con calquera dos membros da asociación cultural “Amigos da Música” ou da Banda de Música. O prezo é de 5 € (menores de 10 anos) e 20 € para os demais.


(04-08-2013)  XIV Xuntanza de Bandas 2013

XIV Xuntanza de Bandas O vindeiro domingo 4 de Agosto, ás 20:00 na alameda de Ordes, terá lugar a XIV Xuntanza de Bandas de Música que organiza a A.C. Amigos da Música de Ordes en colaboración co Concello de Ordes. Esta edición contará coas actuacións da Banda Municipal de Boiro e a Banda de Música de Ordes.










(27-12-2012)  Festival de Nadal 2012

O próximo Sábado 29 de Decembro, ás 20:00 na Casa da Cultura de Ordes, terá lugar o Festival de Nadal. Esta nova edición comezará cun primeiro pase da Banda de Ordes, para a continuación dar paso a unha actuación do grupo de acordeóns da Escola de Música de Ordes, e rematar cun segundo pase da Banda de Ordes.






(31-7-2012)  XIII Xuntanza de Bandas en Ordes

O próximo Sábado 4 de Agosto, ás 20:00 na Alameda de Ordes, celebraremos a XIII Xuntanza de Bandas de Música. Nesta nova edición contaremos coas actuacións da Banda de Municipal de Boiro e como sempre, da Banda de Música de Ordes, exercendo de anfitriona.










(21-4-2012)  Stand e actuación na Festa do Champiñon

A Banda de Ordes disporá nesta edición da Festa do Champiñón dun stand, ademais o Domingo daremos un concerto nas carpas da festa. Non dubidedes en facernos unha visita e asistir ao concerto.








(21-4-2012)  Novas incorporacións na Banda

Recentemente incorporáronse ás nosas filas, outros 5 músicos. Alejandro Ferruz Murillo (Tuba), Claudia Rey Gómez (Clarinete), Rocío Mosquera Pampín (Clarinete), Lucía Romero Cela (Clarinete) e Tomás Fernández Bouvier (Percusión). Alguns deles debutaron na procesión de semana santa e na Festa do Champiñón darán o seu primeiro concerto.






(14-12-2011)  Festival de Nadal 2011

A Asociación Cultural "Amigos da Música" de Ordes, organiza un ano mais o Festival de Nadal. Este ano terá lugar o Domingo 18 de Decembro na discoteca LP 45 ás 19:00. Contaremos coas actuacións de:

     - Axouxere
     - Coral de Santa Cruz de Montaos
     - As Faiscas da Pontraga
     - Banda de Música de Ordes


Nesta edición queremos agradecer a colaboración da Discoteca LP 45, Husqvarna, Sigüeiro Impresiones e de todos os grupos que actuan. Gracias a todos eles, é posible a realización deste festival.

Non faltes!

(31-08-2011)  II Convención de Bandas de Música Populares

O Domingo 4 de Setembro, desprazaremonos a Rubiós, no Concello de As Neves, para actuar na II Convención de Bandas de Música Populares. Ese día estaremos acompañados pola Agrupación Cultural "Lira" San Miguel de Oia, e pola Banda de Música Popular de Rubiós exercendo de anfitriona. A Convención terá lugar ás 19:00 na praza da Igrexa de Rubiós.










(3-08-2011)  XII Xuntanza de Bandas en Ordes

O próximo Sábado 6 de Agosto, ás 20:00 na Alameda de Ordes, celebraremos a XII Xuntanza de Bandas. Nesta nova edición contaremos coas actuacións da veciña Banda de Música Sementeira de Cambre e como non, da Banda de Música de Ordes, exercendo de anfitriona.










(11-07-2011)  Grabación do novo CD da Banda de Ordes

O próximo Venres 15 de Xullo, ás 21:00 na Casa da Cultura de Ordes, presentaremos o noso novo CD "Maximino". Gustarianos contar coa vosa presencia neste acto de presentación dun traballo feito con moita ilusión e esfuerzo. Ao final da presentación, todos e todas as asistentes poderán disfrutar dun pincho.










(16-12-2010)  Festival de Nadal en Ordes

Este Domingo 19 de Decembro ás 20:00, celebrarase na Casa da Cultura de Ordes o Festival de Nadal. Ademais da actuación da Banda de Ordes, poderase disfrutar das actuacións da Asociación Camiño Real de Poulo e da Coral Polifónica Santa Eulalia de Senra.










(16-12-2010)  Actuación da Banda de Ordes en Sigüeiro

A Banda de Ordes, actuará este Sábado 18 de Decembro no Concerto de Corais, celebrado a partires das 20:30 no centro cultural de Sigüeiro (Oroso). Ademais da actuación da Banda de Ordes, poderase disfrutar das actuacións da Coral Polifónica de Melide, Coral de Arca, Coral de Santa Cruz de Montaos e da Coral Santa Eulalia de Senra.










(27-11-2010)  Grabación do novo CD da Banda de Ordes

A Banda de Ordes, grabará o Sábado 11 de Decembro un novo CD. Nel poderanse escoitar unha gran variedade de obras musicais percorrendo varios xéneros. Pasodobres, Zarzuelas, Tangos, Obras, Muiñeiras... Proximamente, lavarase a cabo a súa presentación ao público cunha actuación na que se executarán as Obras recopiladas no CD.







(9-10-2010)  Domingo 17 de Outubro, actuación no Pazo do Vidueiro

O Domingo día 17 de Outubro ás 14:00, a Banda de Ordes actuará no Pazo do Vidueiro con motivo da celebración do XXV aniversario da Asociación de Amas de Casa de Ordes.







(30-9-2010)  Santa Bárbara en Senra

O Domingo 3 de Outubro ao mediodia, a Banda de Ordes dará un concerto en Senra (Oroso) nas festas da Santa Bárbara.








(19-6-2010)  Festa da malla en Sigüeiro

Na tarde do Sábado 21 de Agosto, a Banda de Ordes desprazarase ata Sigüeiro para amenizar a festa da malla.








(12-8-2010)  Actuación da Banda de Ordes o 16 de Agosto

A banda de Ordes, como ven facendo ao longo de todos estos anos, actuará o Luns 16 de Agosto, no día do emigrante. Comezarase facendo uns pasarúas pola Vila de Ordes, para a continuación tocar o Hino Galego no monumento aos emigrantes situado detrás da casa do Concello, seguidamente a banda tocará na alameda de Ordes 2 concertos, un pola mañan e outro no serán, nos que executará obras do seu repertorio.







(4-8-2010)  XI Xuntanza de Bandas en Ordes

O Domingo 8 de Agosto, ás 20:00 na alameda de Ordes, terá lugar a XI Xuntanza de Bandas en Ordes. Nesta edición, ademais da Banda de Ordes (exercendo de anfitriona), contaremos coa presenza da Banda de Agolada. Dende a Banda de Ordes, queremos convidar a toda a xente a asistir a este evento onde se poderán escoitar obras interpretadas por 2 bandas de gran nivel.







(24-7-2010)  Domingo 25 de Xullo, actuación en Arteixo

O Domingo día 25 de Xullo, a Banda de Ordes desprazarase ata Arteixo onde actuará no certame de bandas celebrado na localidade.







(8-7-2010)  Actuación en Rianxo

O Sábado día 10 de Xullo, a Banda de Ordes desprazarase ata Rianxo onde actuará con motivo da celebración da semana cultural da localidade.








(23-6-2010)  Actuación en Betanzos

O Domingo día 27 de Xuño, a Banda de Ordes desprazarase a Betanzos onde ofrecerá aos habitantes da Vila unha actuación, tocando varios pasodobres e obras musicais.








(26-4-2010)  Xuntanza dos Maiores

A banda de Ordes actuará, como ven sendo habitual, na Xuntanza dos Maiores que será celebrada o Domingo 9 de Maio.







(9-4-2010)  Expo Ordes e Festa do Champiñón

A banda de Ordes tocará na inauguración de Expo Ordes na tarde do Venres 23 de Abril e fará uns pasarúas e unha actuación na mañan do Domingo 25 de Abril para amenizar a Festa do Champiñón.







(21-3-2010)  A banda de Ordes en Radio Ordes

Radio Ordes inicia este Domingo 21 de Marzo de 10:00 a 11:00, a emisión dun programa adicado á música de banda chamado "Viva a Banda", onde Domingo tras Domingo farán un percorrido por todas as bandas galegas. Este 1º programa estará adicado á Banda de Ordes e queremos invitar a todo o mundo a sintonizar a emisora da Radio Ordes, no 107.3 ou ben vía internet "on line" clickando aquí.







(27-2-2010)  Solidaridade con Haiti

A Banda de Ordes, aporta o seu grao de area coa iniciativa da Asociación Camiño Real de Poulo na súa iniciativa de apoio a Haiti; aportando uns CD´s, con obras do seu repertorio, para o sorteo que van realizar para recoller fondos adicados a tal fin.







(23-2-2010)  Procesións de Semana Santa 2010

Este ano a banda de Ordes realizará as procesións de Semana Santa de Sigüeiro, que se fará o Domingo 28 de Marzo; e de Ordes, que será o Venres 2 de Abril.







(12-12-2009)  O 26 de Decembro, concerto de Nadal na Casa da Cultura

O próximo Sábado 26 de Decembro de 2009 ás 19:00 na casa da cultura, faremos o Concerto de Nadal.

Neste Concerto, poderás desfrutar das actuacións de:

     - Coral de Santa Cruz de Montaos
     - Agrupación Folclorica "Os Santiaguiños" de Boimorto
     - Banda de Ordes

Repertorio:
     - Coral de Santa Cruz de Montaos
1º Alegría en el Mundo (Haendel)
2º La más fría noche (James E. Spinman)
3º Una pandereta suena (Popular)
4º Verdum Caro Factum Est (Anónima S. XVI)
5º Adeste Fideles (J. Reading)

     - Agrupación Folclorica "Os Santiaguiños" de Boimorto
1º Os reices de Castro (Concello de Mesía)
2º Maneo de Razo
3º Muiñeira de Boimorto
4º Maneo e Muiñeira Vella
5º Muiñeira de Vilar
6º Foxtrock

     - Banda de Ordes
1º Calpe (Fernando Penella)
Ross Roy(Jacob de Haan)
3º El Silencio (José Amigo Ramos)
Danubio Azul(Johann Strauss)
Music For a Solemnity(Jan De Haan)
Radetzky(Johann Strauss)



(20-11-2009)  Pequeno video dun pasaruas da banda.

Deixamosvos o enlace deste video no que sae a banda na súa actuación durante a inauguración do Expo Ordes 2009; podes ollalo clickando aquí.






(29-9-2009)  Novas incorporacións na Banda

Este foi un bo ano para a Banda, pois unironse a ela outros 3 grandes músicos como son Manuel Brea Varela (Trompeta), Luis Cruz Ramos (Percusión) e Miguel Morard Pedrouzo (Bombardino); Manuel Brea Varela xa debutou nesta banda no concerto de Viveiro, Luis Cruz Ramos e Miguel Morard Pedrouzo, farano esta fin de seman na actuación que teremos en Senra (Oroso).






(10-9-2009)  Novo Telefono da Banda de Ordes

Co fin de poder ofrecer unha atención personalizada perante calquera dubida, interese ou contratación que calquer persoa queira facer; pois a banda decidiu poñer á súa disposición o seguinte número de telefono para poder estar en contacto en calquer momento e lugar. Non dubides en chamar ao: 669 127 317






(27-7-2009)  Videoreportaxe da Banda de Ordes

O xornalista Renato Landeira, elaborou unha pequena videoreportaxe sobre a Banda de Ordes, onde entrevista ao noso director, Fernando Gontad Losada; con motivo da celebración da X Xuntanza de Bandas Populares en Ordes, adicada este 2009 a Higinio Cambeses (Director da Banda nos anos 1931 e 1932). Podes ollar a videoreportaxe clicando no enlace seguinte: Videoreportaxe da Banda de Ordes






(5-8-2009)  Saída a Viveiro

O vindeiro Mércores 5 de Agosto, a banda "Amigos da Música" de Ordes, desplazarase ata Viveiro; onde actuará ás 20:00 horas, convertindose nun dos atractivos da Semana Cultural da localidade.







(1-8-2009)  X Festival de Bandas de Música

O Sábado día 1 de Agosto celebraremos o X Festival de Bandas de Música, coincidindo co 18 aniversario da banda de Ordes. O festival terá lugar na Alameda de Ordes ás 20:00 da tarde. Neste festival, ademais de celebrar o 18º aniversario da banda de Ordes; tamen lle rendiremos unha homenaxe a D. Higino Cambeses, director da antiga banda de Ordes na IIº República, tocando a obra "A Noite Do Santo Cristo", Composta polo propio Higino Cambeses.



Acompañarannos neste X Festival as seguintes bandas de música:

     - Banda de Música de Rianxo
     - Banda de Música Vila de Cedeira