imprimir volver

Oscar Prieto Sanmartín.

Licenciado en Música na especialidade de Tuba polo Cmus Superior de Vigo en 2007. Perfecciona os seus estudos en interpretación cos mestres A. Mollá, M. Cultberson, M. Moreno, M. Navarro, H. Phillips, V. Castelló, S. Mead e E. Nogueroles. Paralelamente complementa a sua formación docente nas Universidades de Santiago de Compostela, de Vigo, a Universidade de San Jorge de Zaragoza e a Camilo José Cela de Madrid.

Dende 2014 estuda dirección de Banda cos mestres J. Cober, D. Bostock, A. Loss e J. Viceiro. Paralelamente fórmase con mestres como N. Milanés, J.B. Bereau e A. Granjo. En 2017 remata o Curso Superior en Dirección de Banda na European Academy for Wind Band e na actualidade, cursa estudos de Dirección de Banda na UNED.

No eido bandístico e orquestral, formou parte da Orquesta Clásica de Vigo entre os anos 2005 e 2016, e colaborou asiduamente con numerosas bandas da xeografía galaicoportuguesa entre as que cabe destacar a Banda Municipal de Pontevedra e coa Banda Municipal de Lugo.

No ámbito do jazz, realiza grabacións con Mr. Dixie Jazz Band en 2006 o disco "Just in Jazzvides" e en 2008 "Papá, jazz!". Con eles, en 2006 representa a España no I Euro Jazz Rueil Festival (Francia) onde consegue o premio á mellor Banda de jazz entre os 16 países europeos asistentes e o segundo premio ao mellor solista. No que respecta á música folk, cabe destacar a grabación do disco "Folk ó Forno" co Conxunto de musica Folk do Cmus Superior de Vigo no 2007. Realiza grabación doutros xéneros coas agrupacións Dakidarria (2011 "Utopías emergentes"), Murajazz Big Band, Vertixe Sonora, A MAgnifique Bande dos Homes sen Medo, entre outros.

Foi profesor nos conservatorios de As Pontes, Lugo,Vigo, Pontevedra e Santiago e nas escolas de música de Beade, Bembrive, Arcade e Sigüeiro.

Ata o día de hoxe conseguíu desenvolver a súa atividade profesional sen deixar de lado ningunha das súas tres grandes paixóns: interpretación, docencia e dirección. Desenvolve a súa labor interpretativa nas formacións St. James Street Band,The Alley Stompers Swing Band, Trio Refugalho, RouX, MetalurxicA e Os Bregadiers ao mesmo tempo que desempeña a súa labor docente nas escolas de Rábade-Begonte-Outeiro de Rei e Ordes, escola da que tambén é director pedagóxico. Todo isto atendendo a dirección artística da Swingdomables Jazz Orquestra e da Banda de Ordes.