clases
Clases de instrumento individualizadas, teoría e interpretación en conxunto clásico e moderno
Clases de instrumento individualizadas, teoría e interpretación en conxunto clásico e moderno
Cadro de profesores especializados e altamente cualificados con moitos anos de experiencia pedagóxica.
música e movemento, linguaxe musical, instrumento, banda escola, Big-Band, música de cámara, combos, ...
Curso de acceso aos graos profesional e superior en interpretación clásica, jazz e composición.
Cadro de docentes que se encargarán de impartir as clases da escola de música para o curso 2019/2020.
Prezo da matrícula e cotas mensuais (sinxela ou completa) publicadas no B.O.P. NUM.1 do 02/01/2012.
Información da Escola Municipal de Música de Ordes para o curso 2019/2020: calendario, horarios, reunións, comunicados, ...
Para realizar a inscrición na escola de música debes seguir estes pasos:
O calendario lectivo da escola de música coincide co calendario escolar pero poderá ser modificado polo equipo docente en función das necesidades da escola e comunicado ao alumnado coa suficiente antelación.
Información da escola de música, o profesorado, materias e clases que se imparten, prazos, etc...
A súa finalidade e o ensino musical cun tratamento pedagóxico específico, o descubrimento e desenvolvemento das capacidades expresivas, musicais e motrices que aporten unha base de cara a aprendizase na práctica instrumental.
Impartido a nenos e nenas de 3 a 5 anos de idade
Na Escola Municipal de Música de Ordes impartense os seguintes instrumentos:
- Instrumento (clarinete)
- Banda escola
- Linguaxe Musical para adultos
Nada en Vigo onde comeza os estudos de clarinete no ano 2001. Continua a súa formación no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela con Saúl Caosa, onde obtivo o Grado Profesional de Música con Mención de Honor. No ano 2013, remata a licenciatura de clarinete na ESMAE (Escola Superior de Música, Artes e Espectáculos, Oporto, Portugal) co profesor Antonio Saiote, obtendo as máis altas cualificacións, e no ano 2015, finaliza o Máster en Ensinanza de Clarinete da man de Nuno Pinto.
Entre os anos 2009 e 2011 obtivo unha bolsa de estudos na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, centro de alto rendemento onde recibiu clases de clarinete con Beatriz López (clarinete solista da Real Filharmonía de Galicia) e formación teórica, camerística e orquestral, con profesores e maestros de recoñecemento internacional. Ao mesmo tempo, remata os estudos universitarios de Óptica e Optometría, obtendo o Premio Nacional a Excelencia Académica 2009.
Durante a súa carreira puido traballar con profesores da talla de Walter Boeykens, Stanley Drucker, Enrique P. Piquer, Wenzel Fuchs, Valdemar Rodríguez e Michel Arrignon, entre outros.
Nos anos 2011 e 2013, foi compoñente da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, onde recibiu clases de clarinete do profesor Juan Ferrer (clarinete solista da Orquestra Sinfónica de Galicia). Nos últimos anos colaborou con algunhas das mellores orquestras do pais tales como a Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia, coa que colaborou regularmente nos últimos meses e coa que cabe destacar a súa participación na xira por Emiratos Árabes Unidos con motivo do festival Abu Dhabi Classics. Fora do seu país natal, formou parte de orquestras como a National Jeugd Orkest (Holanda), Orquestra Filarmónica Portuguesa (Portugal), Neue Philharmonie München (Alemania), coas que puido tocar en salas de renome como a Konzerthaus de Berlín, a Herkulessaal en Múnich ou a Muzikgebow de Amsterdam.
O feito de centrarse na súa carreira como músico de orquestra, non fixo descoidar a súa carreira como solista, xa que interpretou recentemente o Concierto nº1 de C.M. von Weber coa Orquestra Gaos (A Coruña).
Por outro lado, no ámbito da música de cámara, actuou en festivais de diferentes paises, entre os que cabe destacar o Festival de Jóvenes Clarinetistas (Caracas, Venezuela), o 4th European Clarinet Festival en Katowice (Polonia) o Ciclo de Jóvenes Interpretes Teresa Berganza (Santiago de Compostela), Festival Internacional de música de Póvoa de Varzim (Portugal) e o Kammermusic Festival (Grünwald, Alemania).
Na actualidade, é profesora de clarinete no Conservatorio de Lugo, clarinete na Banda Municipal da Coruña e continúa a súa actividade camerística e orquestral con diferentes agrupacións da xeografía galega.
- Instrumento (tuba, trombón e bombardino)
- Música e movemento
- Linguaxe musical
- Coro
- Preparación ao conservatorio
- Música de Cámara
Licenciado en Música na especialidade de Tuba polo Cmus Superior de Vigo en 2007. Perfecciona os seus estudos en interpretación cos mestres A. Mollá, M. Cultberson, M. Moreno, M. Navarro, H. Phillips, V. Castelló, S. Mead e E. Nogueroles. Paralelamente complementa a sua formación docente nas Universidades de Santiago de Compostela, de Vigo, a Universidade de San Jorge de Zaragoza e a Camilo José Cela de Madrid.
Dende 2014 estuda dirección de Banda cos mestres J. Cober, D. Bostock, A. Loss e J. Viceiro. Paralelamente fórmase con mestres como N. Milanés, J.B. Bereau e A. Granjo. En 2017 remata o Curso Superior en Dirección de Banda na European Academy for Wind Band e na actualidade, cursa estudos de Dirección de Banda na UNED.
No eido bandístico e orquestral, formou parte da Orquesta Clásica de Vigo entre os anos 2005 e 2016, e colaborou asiduamente con numerosas bandas da xeografía galaicoportuguesa entre as que cabe destacar a Banda Municipal de Pontevedra e coa Banda Municipal de Lugo.
No ámbito do jazz, realiza grabacións con Mr. Dixie Jazz Band en 2006 o disco "Just in Jazzvides" e en 2008 "Papá, jazz!". Con eles, en 2006 representa a España no I Euro Jazz Rueil Festival (Francia) onde consegue o premio á mellor Banda de jazz entre os 16 países europeos asistentes e o segundo premio ao mellor solista. No que respecta á música folk, cabe destacar a grabación do disco "Folk ó Forno" co Conxunto de musica Folk do Cmus Superior de Vigo no 2007. Realiza grabación doutros xéneros coas agrupacións Dakidarria (2011 "Utopías emergentes"), Murajazz Big Band, Vertixe Sonora, A MAgnifique Bande dos Homes sen Medo, entre outros.
Foi profesor nos conservatorios de As Pontes, Lugo,Vigo, Pontevedra e Santiago e nas escolas de música de Beade, Bembrive, Arcade e Sigüeiro.
Ata o día de hoxe conseguíu desenvolver a súa atividade profesional sen deixar de lado ningunha das súas tres grandes paixóns: interpretación, docencia e dirección. Desenvolve a súa labor interpretativa nas formacións St. James Street Band,The Alley Stompers Swing Band, Trio Refugalho, RouX, MetalurxicA e Os Bregadiers ao mesmo tempo que desempeña a súa labor docente nas escolas de Rábade-Begonte-Outeiro de Rei e Ordes, escola da que tambén é director pedagóxico. Todo isto atendendo a dirección artística da Swingdomables Jazz Orquestra e da Banda de Ordes.
- Instrumento (saxo alto, saxo tenor, saxo soprano, saxo barítono)
- Conxunto de música moderna (Big-Band)
- Linguaxe musical
Formouse escola de música da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, Escola Estudio e o Conservatorio Superior de Música da Coruña.
Foi integrante de bandas coma A Magnifique Bande, Os 3 Trebóns, a Matraca Perversa ou Sacha na Horta. Traballou en espectáculos teatráis coas compañías Chévere, Pista 4 e Sherezade & Cia. Colaborou con numerosos proxectos musicáis coma Bakin’ Blues Band, Gallaecia Big band, Os da Ría, Ultraqüans, Sokram, Festicultores Troupe, Blues do País, Galegoz, S.E.M. Big band, ...
Na actualidade é mestre de saxofón nas escolas de música de Ordes e da Bandeira ao tempo que forma parte das bandas Carla Green & the Demons, Banda Xangai, A Máquina de Mallar, Lévedo, Pin Castanho Jazz Orquestra, ZenuTrio e Banda R. C. da Bandeira.
Realiza os seus estudos de música clásica na especialidade de frauta traversa no Conservatorio Superior de Música de A Coruña con Cesar Concheiro. Antes, marcha uhna tempada a París, onde estuda instrumento con Vicens Prats e Sabine Raynaud, e iniciase no Jazz con Vincent Bourgeyx e no “Institut des Arts et Cultures de Paris” (I.A.C.P) dos irmáns Belmondo.
Ao rematar os seus estudos na Coruña, enfoca a sua carreira cara as músicas modernas estudando na Estudio Escola de Musica de Santiago de Compostela e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra con Paco Charlin e compaxinando o seu primeiro intrumento co saxo alto. Con este último amplía coñecementos cos mestres Nine Cés e Pablo Castanho.
Cunha das súas bandas, A Magnifique Bande dos homes sen medo, actúa en festivais tanto a nivel Nacional coma internacional, en Euskadi, Leon, Montpellier, Toulouse, na Bretaña Francesa etc… Esta sección de ventos compaxina a actividade no grupo con colaboracións cunha multitude de bandas e eventos e traballando coma músicos de estudo: Os tres Trebóns, a cantante norteamericana Barbara Lynn ou o African Express de Damon Albarn tocando coa sección de ventos de Femi Kuti son algún dos exemplos.
Ao tempo, adica gran parte da sua vida á docencia, impartindo aulas de instrumento tanto na linguaxe clásica, como na moderna.
Aos 8 anos de idade comeza os seus estudos de trompa. José Luis Silva Garcia e posteriormente Jordi Ortega foron as persoas que marcaron de maneira especial na súa carreria musical.
Posteriormente trasladase ó Conservatorio Superior de A Coruña onde cursa estudos con Juan Batista Bernat Alcaide obtendo a Matrícula de Honra no seu concerto Final de Carreira no ano 2006.
Coa idade de trece anos entra a formar parte da Escola de Altos Estudios Musicais da Real Filharmonía de Galicia, e máis tarde na Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), na Xoven Orquestra Nacional de España (JONDE), na Orquestra Sinfónica de Bilbao (BOS) e no ano 2007 accedería por concurso – oposición a praza de trompa na Banda Municipal de A Coruña, posto que desenrola na actualidade.
Comeza os estudos de guitarra na Escola de Música de Ordes con David Tato. Durante anos continúa formándose no eido da guitarra moderna en escolas privadas como a Escola Estudio de Santiago de Compostela e Metrópolis de Vigo. No ano 2009 comeza na "Escola de Música Tradicional" (E-trad) de Vigo o Itinerario Básico na especialidade de corda pulsada e seguidamente cursa o Itinerario Medio nesta mesma especialidade.
Complementa a súa formación co estudo e a práctica instrumental de outros instrumentos tradicionais así como unha activa participación en cursos monográficos e encontros internacionais de fiddle e música folk.
Forma parte como guitarrista de Velvet Rain e colabora como "bouzoquista" en diferentes formacións de música tradicional e de música folk.
Profesor de percusión cunha extensa experiencia como docente en conservatorios e institucións musicais de toda Galicia: Conservatorios de Lalín, Viveiro, Escola de música de Padrón, Sarria, Escuela municipal da Pobra do Caramiñal, Santiago e Ordes.
Paralelamente a súa actividade docente cabe destacar o seu labor como percusionista en cursos de formación para profesorado (Conservatorio Superior de A Coruña) así como a súa participación en estreas públicas de obras sinfónicas; percusionista oficial do Festival Internacional da Canción do Camiño de Santiago, en diferentes gravacións de audio e televisión e como batería en numerosas agrupacións musicais.
Actualmente é profesor titular da sinatura de Percusión no Conservatorio Histórico de Santiago e profesor na Escola Municipal de Cee e Municipal de Ordes.
Estudou o Diploma Profesional de Estudio Escola de Música, seguiu formándose no Seminario de Jazz de Pontevedra e finalmente licenciouse en música pola rama de jazz-piano na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto no ano 2012.
Participou en grupos maiormente de jazz e fusión como The Triadic Model, Cuatro y Cuarto Quartet ou Mars Attacks.
Impartiu clases de piano, linguaxe musical e combos en Escola das Artes de Brión, Drops de Santiago de Compostela e actualmente nas Escolas municipais de Música de Oroso e Ordes.