Asociación Cultural "Amigos da Música" de Ordes.
Despois dunha reunión celebrada en Outubro de 1991, na que asisten D. Manuel María Concheiro, alumnos e pais de alumnos, acordase por unanimidade constituir unha Asociación Cultural para xestionar tanto a Escola de Música como a Banda.
Nace así, a Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes, cuxo presidente será D. Manuel María Concheiro Barreiro.
A Asociación entra en funcionamento, creanse e aprobanse os estatutos, e pouco a pouco a Asociación empeza a realizar actividades, atraendo desta forma a novos socios comprometidos cos seus fins.
Estos fins son a ensinanza e promoción da música, así como a promoción, organización e desenrolo de calquera outro proxecto cultural.
Entre as suas actividades encontranse:
- Realización de actividades relacionadas coa música
- Creación dunha escola de música
- Organización de concertos
- Colaboración con outras sociedades
- Organización de outras actividades culturais
Nestos momentos a Asociación mantense coas actuacións da Banda e cun convenio asinado co Concello de Ordes.