Banda de Música de Ordes (1931-1934).
A comarca de Ordes, non é unha comarca caracterizada pola sua dedicación á música. Sen embargo ao longo do tempo sempre soubo convivir coa música en armonía.
A Historia da nosa Banda, pasa por recordar á desaparecida BANDA DE ORDES, a única banda que nesta vila existiu hata a creación en 1990 da BANDA AMIGOS DA MUSICA DE ORDES.
Esta Histórica Banda de Ordes naceu en 1931, desaparecendo como moitas outras bandas, no ano 1934, por motivos económicos.
Co fin de formar unha banda nesta localidade para non costear a contratación de outras agrupacións para as festas, reúnense un grupo de xóvenes e maiores da comarca, todos eles dirixidos e tutelados por D. Higinio Cambeses Carreras, quen durante os anos 1931 e 1932 sería sue director.
Os integrantes da Banda ensaiaban no antigo matadeiro e nunha fábrica de curtidos na vila de Ordes. Sua primeira actuación foi o 14 de Agosto de 1932 nas festas patronales da vila de Ordes.
A partires de aquí, suas actuacións sucederonse polas diferentes localidades da provincia (Santiago de Compostela , Conxo, Porto do Son, Corcubión, ...) e nas festas dos arredores da comarca. Estos músicos animaban as festas cun número de partituras que rondaba as 25, ... dianas, pasaruas, pasodobres, muiñeiras, xotas, vals, ... eran escoitadas en todas as festas.
No ano 1933, o director pasa a ser D. Bernardo del Rio Parada. Nesta época a Banda contaba cunha subvención do Concello de 500 ptas. pero non era suficiente, tendo que aportar capital os propios músicos para que a Banda sobrevivise.
Coa salida de D. Bernardo e a chegada de outro director, un tal Manolo, a Banda vai en declive, actuando por última vez na vila de Ordes durante a recepción do Presidente da República, Nieto Alcalá Zamora.
Os compoñentes desta banda foron no seu día os seguintes:
- DIRECTORES
- Higinio Cambeses Carreras
- Bernardo del Rio Parada
- Manolo
- Clarinetes
- José Sanchez Rey (de Abellá)
- Eduardo (de Penelas)
- Cándido Fernández Castro (do Picho)
- Pedro Rodríguez Gómez (do Serrador)
- José Villaverde Martínez
- Antonio (o Brigada Carreira)
- Requinto
- Pepe (de Castro)
- Saxos
- Ramón Ferreiro Regos
- Genaro Faya Vilariño (da Fábrica)
- Javier Verea Fandiño
- Luis Fernández Castro (do Picho)
- Fliscorno
- José Fuentes Noya (Pepe de Juana)
- Trompa
- Antonio Vilariño
- Bombardino
- Ramón Faya Vilariño
- Trompetas
- Antonio Maroño Rodríguez
- Ramón Veiga López
- Antonio Liñares Rama
- Trombóns
- José María Vázquez (de Abellá)
- Cándido Seoane
- Benigno Sánchez Corbelle (do Parente)
- José Liñares Rama
- Tubas
- Jesús del Rio Iglesias (Chucho da Corbeira)
- O Baixo de Adrán (de Villamayor)
- Caixa
- José Pérez Díaz
- Manuel Calvo Martínez (do Peñasco)
- Pratos
- Pedro del Rio Pampín (do Carteiro)
- Bombo
- Manuel del Rio Iglésias (Lelo da Corbeira)